Proyectos arqueológicos, restauración y divulgación en Galicia

Novidades

O bosque do Areal na historia de Vigo 20 Ago

O bosque do Areal na historia de Vigo

20/08/2024

A 13 metros por debaixo da rúa Rosalía de Castro e Miragaia, durante a intervención arqueolóxica dirixida por nós no ano 2018, atopáronse os restos de troncos e polas dun antigo bosque de tipo atlántico continental, datado hai 8 mil anos. Este bosque ocuparía o espazo do que hoxe é a cidade de Vigo. Os resultados desta intervención aportan coñecemento e forman parte dos contidos da historia de Vigo, recentemente publicados na páxina oficial do propio concello. Aledámonos de contribuír con esta...

Ler máis

Participación no Jury do alumando de 5º curso de Arquitectura do Centro Superior de Estudos Universitarios de Galicia (CESUGA). 28 Xan

Participación no Jury do alumando de 5º curso de Arquitectura do Centro Superior de Estudos Universitarios de Galicia (CESUGA).

28/01/2024

Esta semana participamos, xunto co arquitecto Marcial Rodríguez (RVR Arquitectos), no Jury que valorou os diferentes traballos do alumnado do 5º curso de Arquitectura do Centro Superior de Estudos Universitarios de Galicia (CESUGA). Tivemos a oportunidade de presenciar varias propostas das que podemos destacar a importancia do coñecemento do ben previamente ao deseño de actuacións: os estudos históricos, a contorna e a paisaxe, as persoas que viviron as realidades pasadas, os materiais,...A mult...

Ler máis

Desmontando a Galicia somerxida 19 Feb

Desmontando a Galicia somerxida

19/02/2023

Desmontando a Galicia somerxidaMáis aló dos tesouros submarinos da costa galega, dos afundimentos e pecios, existe unha Galicia somerxida no interior. (“Segredos - Desmontando Galicia”) rastrea nos encoros, baixo o chan e nalgunhas rías, para descubrir as xoias asolagadas por auga ou terra. Pobos, xacementos arqueolóxicos, bosques mesolíticos ou enxeños da época romana permanecen agochados polo nacemento de presas ou o crecemento das cidades.

Ler máis

75 anos das escavacións en Elviña: do castro á cidade 20 Dec

75 anos das escavacións en Elviña: do castro á cidade

20/12/2022

Coa fin de conmemorar os 75 anos dende os inicios das intervencións arqueolóxicas no Castro de Elviña (A Coruña), dende Tempos Arqueólogos e RVR Arquitectos, realizamos a exposición 75 anos de escavacións en Elviña: do castro á cidade, promovida polo Concello de Coruña. A inauguración da mostra tivo lugar do 16 de agosto na Praza do Obelisco, onde permaneceu ata o 11 de setembro. Durante este tempo, a veciñanza e visitantes puideron desfrutar e coñecer o pasado e presente dun xacemento singular...

Ler máis

Volvemos a Cálago para adentrarnos nas orixes de Vilanova de Arousa (Pontevedra) 4 Abr

Volvemos a Cálago para adentrarnos nas orixes de Vilanova de Arousa (Pontevedra)

04/04/2021

As escavacións arqueolóxicas volverán a Cálago en cuestión de días. Abriranse, coma sempre, á procura de calquera achado do mosteiro histórico. Pero centrouse no estudo de posibles novas estruturas construtivas e restos humanos, como os ósos de hai aproximadamente 1.500 anos atopados no medio ambiente na campaña do ano pasado. Por este motivo, as obras encamíñanse esta vez ao pé desta zona que tantas alegrías trouxo ao equipo na súa última intervención. Así o explicou esta semana, durante unha...

Ler máis

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.