Proyectos arqueológicos, restauración y divulgación en Galicia

Intervención arqueolóxica para a identificación e exhumación dunha fosa común con víctimas da represión franquista no cemiterio parroquial de Santiago da Capela (A Capela, A Coruña).

Publicado: 26 de marzo de 2025, 17:00
  1. Emprego
Intervención arqueolóxica para a identificación e exhumación dunha fosa común con víctimas da represión franquista no cemiterio parroquial de Santiago da Capela (A Capela, A Coruña).

No contexto do Plan Cuatrianual de Memoria Democrática, baixo encargo da USC, leváronse a cabo as labores de excavación arqueolóxica para a identificación e exhumación dunha fosa común con vítimas da represión da Guerra Civil e Ditadura no cemiterio de Santiago de A Capela (A Capela, A Coruña). Realizándose unha prospección xeofísica coa finalidade de identificar indicios sobre a localización das posibles fosas, escavar e identificar de xeito individualizado os restos achados, documentar e analizar en campo cada resto identificado; exhumar e extraer individualmente cada individuo represariado, realizar una análise en laboratorio dos datos primarios obtidos en campo, relacionar aqueles datos aportados tanto polas fontes bibliográficas coma documentais e orais durante o proceso de excavación e finalmente adoptar as medidas de conservación e protección necesarias para a preservación dos restos óseos para realizar analíticas de ADN.
Para acadar estes obxectivos execútase en primeiro lugar a prospección xeofísica con xeo-radar. Os datos achegados pola prospección con xeorradar puxeron de manifesto a complexa disposición do subsolo das áreas exploradas do cemiterio, o que dificulta a identificación de elementos compatibles con enterramentos, especialmente no caso que ocupa a intervención de procura para a exhumación, de tipo individual.

Realizáronse dúas sondaxes arqueolóxicas con resultados negativos. Por tanto, é posible afirmar, que nas zonas onde se realizaron as sondaxes, a pesar de que se mostraban anomalías no xeo-radar, estas non se correspondían con actividades antrópicas.
Non que aos materiais refírese, non se recuperou ningún artefacto ou peza que poida precisar algún dato para o establecemento dunha cronoloxía relativa.
En conclusión, como se mencionaba con anterioridade, de xeito preliminar e na prospección xeofísica non foi posible identificar positivamente elementos de enterramentos individuais simples.

Noticias relacionadas

Investigación histórica: Ponte de Achas (A Cañiza, Pontevedra) 27 Mar

Investigación histórica: Ponte de Achas (A Cañiza, Pontevedra)

27/03/2025 Emprego
Se ben se lle ten atribuído unha cronoloxía romana a moitas pontes localizadas en diferentes puntos do territorio galego, como é o caso da denominada Ponte de Achas, o certo é que boa parte delas foron levantadas en datas moito máis recentes. No proceso de modificación da estrada que pasa pola
Intervención arqueolóxica en Santo Estevo do Ermo, Barreiros, Lugo 21 Mar

Intervención arqueolóxica en Santo Estevo do Ermo, Barreiros, Lugo

21/03/2025 Emprego
Por iniciativa das asociacións da Irmandade de Santo Estevo, a Fundación Eira da Xoana e a Asociación Mariña Patrimonio, realizáronse unhas sondaxes valorativas na zona onde a documentación e as testemuñas orais sitúan a antiga ermida de Santo Estevo do Ermo, trasladada a carón do río no século
Acondicionamento e mellora de Ponte Berrimes en Lousame (A Coruña) 2 Abr

Acondicionamento e mellora de Ponte Berrimes en Lousame (A Coruña)

02/04/2021 Emprego
Introdución e traballo feito Entre as obras realizadas a finais do ano pasado, queremos destacar o acondicionamento e posta en valor da ponte de Berrimes en Lousame (A Coruña). A actuación dirixiuse ao acondicionamento, limpeza e posta en valor deste elemento de enxeñaría histórica e o seu contorno
Acondicionamento, limpeza, sinalización e accesibilidade ao Castro de Comparada, Lousame (A Coruña) 10 Xan

Acondicionamento, limpeza, sinalización e accesibilidade ao Castro de Comparada, Lousame (A Coruña)

10/01/2021 Emprego
En TEMPOS ARQUEÓLOGOS mantemos o compromiso de mellorar e acondicionar os beneficios culturais derivados da sustentabilidade, a colaboración e o asesoramento coas administracións locais. Proba diso foron as tarefas de acondicionamento, limpeza, sinalización e accesibilidade á fortaleza Comparada en

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.