Título: Porque fun mestre na illa Ons no meu corazón
Autor: Julio Santos Pena
Año: 2018
Este libro contén vinte e cinco relatos doutras tantas experiencias
vividas por un dos últimos mestres da Illa de Ons a principio dos
anos setenta do pasado século. O autor limítase a contar algunhas
das súas propias vivencias durante os Ires anos en que exerceu
como mestre na escola unitaria do lugar onde aínda vivían moitas
das famílias que acabaron por trasladarse "a terra" na procura de
mellores condicións de vida.
Moitas dos seus alumnos, hoxe avós e avoas, recordarán con el as
cousas que aquí se contan e gozarán coa lembranza daquela
marabillosa infancia vivida con pouco de todo, pero en xeral, con
moita agarimo.
A vida en Ons era moi singular e , en especial, para un mestre novo,
para o que todo era engaiolante naquel intre, que foi recibido con
certo receo polos vecinos, pero acollido de seguido como un máis
naquela singular sociedade na que el aprendeu a sentirse illán e a
querer a aquela xente, a súa xente.
Julio Santos Pena é natural de Marín (Pontevedra), nacido enXullode1947.
Casado e con tres fillos foi mestre e periodista de vocación e profesión. Exerceu o seu Maxisterio na Ilia de Ons (1971-1974) e no
Colexio San Narciso (1974-2012).
Foi correspondente dos periódicos Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia e Faro de Vigo;
Radio Pontevedra (SER), Radio Galega , Galivisión e Axencia EFE.
Autor de artigos en revistas sectoriais e asiduo olaborador con institucións sociais e
benéficas.
Formou parte como percusionista da banda de gaitas "Beiramar" coa que viaxou por Espana e
diversos países de Europa e América.
Cofundador da rondai la "Os Tunantes", da coral polifónica "Lembranzas" da Escola de gaitas "Os
Chaneiros" e do grupo folclórico "Beiramar".
No eido do deporte foi atleta do Club San Miguel, xogador do Marín C.F. e do Rompeolas F.S.
Pregoeiro das "Festas do Carme Marín 2005"; Mención especial do concurso de poesía "Concello de Marín 1986" e habitual
conferenciante, participa en mesas redondas de carácter cultural e histórico. Xubilado desde Xullo de 2012 tras 45 anos
ininterrompidos de labor profesional.