O barrio de San Lázaro medrou coma núcleo viario, ao pé do Camiño Francés, entre o Monte do Gozo e Compostela.
Dende súa fundación medieval, coma lazareto da urbe, experimentou grandes modificacións, a última delas como consecuencia da expansión urbanística da cidade con cambios sociolóxicos irreversibles.
Desde esta perspectiva, faremos unha viaxe a través od seu trazado e dos elementos históricos máis singulares, do pasado e presente.
Un lazareto ao pé do camiño
No ano 2002 realizouse unha intervención arqueolóxica que puxo á luz restos do lazareto de orixe medieval. No solar que ocupa a actual Consellería de Medio Ambiente e arredores, foran descubertas estruturas pertencentes a dito complexo coma cabanas, canles, silos de almacenamento, así coma os restos da antiga capela románica cuxa cruz testeira se conserva na espadana da actual igrexa parroquial.
Cruz de pedra
A cruz de san Lázaro chamará a atención de Castelao, quen a recollerá en «As cruces de Pedra na Galiza», xunto a outras de similar tipoloxía.
Ademais desta peza, podemos contemplar restos cerámicos procedentes do lazareto no Museo das Peregrinacións e de Santiago. Serán estes, xunto aos restos conservados na zona administrativa,
algunhas das testemuñas mudas do San Lázaro medieval.
Coa oficialidade de Compostela coma capital, programarase unha transformación irreversible dos barrios desde o punto de vista urbanístico pero tamén social. Os usos mudarán así como en boa medida os propios veciños, dando
coma resultado o barrio que hoxe coñecemos.