Proyectos arqueológicos, restauración y divulgación en Galicia

75 anos das escavacións en Elviña: do castro á cidade

Publicado: 20 de decembro de 2022, 12:35
  1. Novidades
75 anos das escavacións en Elviña: do castro á cidade

Coa fin de conmemorar os 75 anos dende os inicios das intervencións arqueolóxicas no Castro de Elviña (A Coruña), dende Tempos Arqueólogos e RVR Arquitectos, realizamos a exposición 75 anos de escavacións en Elviña: do castro á cidade, promovida polo Concello de Coruña.

A inauguración da mostra tivo lugar do 16 de agosto na Praza do Obelisco, onde permaneceu ata o 11 de setembro. Durante este tempo, a veciñanza e visitantes puideron desfrutar e coñecer o pasado e presente dun xacemento singular e da súa contorna inmediata a través de contidos relacionados co ámbito socio-económico e cultural das sociedades que ao longo da Idade do Ferro e da Época Romana habitaron e transitaron o actual termo da Coruña. 

A exposición estruturouse a través de 5 soportes que albergan un total de 15 paneis onde se percorre a historia do castro e dos seus habitantes, os modos de vida, a cultura material achada, a evolución do castro en relación coa cidade da Coruña e a historia das investigacións do xacemento. Os contidos amosados permiten coñecer o xacemento de xeito didáctico, trasladando aos visitantes do castro á cidade a través da Historia e a Arqueoloxía. 

A mostra ten un carácter itinerante e de ampla proxección ao futuro. Así pois, a partir do mes de setembro foi trasladada ao Museo Arqueolóxico de San Antón, onde se pode visitar actualmente. Prevese o seu traslado a outros espazos con capacidade de atraer un público diverso (centros educativos, centros socioculturais, etc.).

Archivos adjuntos

75 anos das escavacións en Elviña (galego).pdf

Descargar

Noticias relacionadas

O bosque do Areal na historia de Vigo 20 Ago

O bosque do Areal na historia de Vigo

20/08/2024 Novidades
A 13 metros por debaixo da rúa Rosalía de Castro e Miragaia, durante a intervención arqueolóxica dirixida por nós no ano 2018, atopáronse os restos de troncos e polas dun antigo bosque de tipo atlántico continental, datado hai 8 mil anos. Este bosque ocuparía o espazo do que hoxe é a cidade de
Participación no Jury do alumando de 5º curso de Arquitectura do Centro Superior de Estudos Universitarios de Galicia (CESUGA). 28 Xan

Participación no Jury do alumando de 5º curso de Arquitectura do Centro Superior de Estudos Universitarios de Galicia (CESUGA).

28/01/2024 Novidades
Esta semana participamos, xunto co arquitecto Marcial Rodríguez (RVR Arquitectos), no Jury que valorou os diferentes traballos do alumnado do 5º curso de Arquitectura do Centro Superior de Estudos Universitarios de Galicia (CESUGA). Tivemos a oportunidade de presenciar varias propostas das que
Desmontando a Galicia somerxida 19 Feb

Desmontando a Galicia somerxida

19/02/2023 Novidades
Desmontando a Galicia somerxidaMáis aló dos tesouros submarinos da costa galega, dos afundimentos e pecios, existe unha Galicia somerxida no interior. (“Segredos - Desmontando Galicia”) rastrea nos encoros, baixo o chan e nalgunhas rías, para descubrir as xoias asolagadas por auga ou terra. Pobos,
Volvemos a Cálago para adentrarnos nas orixes de Vilanova de Arousa (Pontevedra) 4 Abr

Volvemos a Cálago para adentrarnos nas orixes de Vilanova de Arousa (Pontevedra)

04/04/2021 Novidades
As escavacións arqueolóxicas volverán a Cálago en cuestión de días. Abriranse, coma sempre, á procura de calquera achado do mosteiro histórico. Pero centrouse no estudo de posibles novas estruturas construtivas e restos humanos, como os ósos de hai aproximadamente 1.500 anos atopados no medio

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.