Proyectos arqueológicos, restauración y divulgación en Galicia

A alfarería tradicional de Buño. Carpeta de dibuxos

Añadido el 07/01/2021
Consultar precio
Para más información acerca de este producto puedes ponerte en contacto con nosotros y te ayudaremos.

Descripción:

Título: A alfarería tradicional de Buño. Carpeta de dibuxos

Autor: Luciano García Alén e X.M. Gómez Vilasó

Año: 1986

Editorial: Deputación provincial da Coruña

PRESENTACIÓN
As páxinas que seguen corresponden a un estudio feito por un grupo dé intelectuais galegos vencellados ó mundo universitario de Compostela, con referencia a un feito antigo e concreto , que é o da cerámica tradicional de Bufio , no Concello de Malpica de Bergantiños, aliando ó oeste atlántico da província coruñesa. É un estudio importante , alentado pola Diputación Provincial , un máis dos canalizados en 1985 a través da Fundación Empresa e Universidade de Galicia -FEUGA- por un convenio que a Corporación estableceu coa mesma e sufragou coo fonda e esperanzada ilusión. Os demais , pendentes aínda de entrega , refírense a Corrosión atmosférica , Alteración de materiais graníticos , Música na Catedral de Santiago, Problemática dos solos ácidos , Consumo e hábito de drogas , Cadros patolóxicos osteoarticulares , Estudio cinético dos ríos Tambre e Ulla , Recursos edáficos para o cultivo da pataca , e Solos de elevada aptitude agrícola , encomendados tamén a grupos universitarios de alta conceptuación , baixo a dirección de ilustres persoeiros da investigación e da ciencia . O traballo ten , como verá o lector, non pouco interés , por se referir a unha actividade antiquísima , a través dos séculos mantida de pais a fillos , practicamente con análogos medias e constituíndo hoxe pouco máis que un resto da nosa cultura antiga , que estimamos deben dotarse dos medias de pervivencia necesarios , nun mundo cultural e económico no que as mutacións se producen a velocidade cada día maior e , por conseguinte , con perigo maior de que esta actividade , que deu nome secular a unha comarca da nosa província e traballo ós seus habitantes , se dilúa sen apenas rastro ou sinal de entidade e trascendencia . Estas liñas teñen , loxicamente , unha finalidade primordial que é a de agradecer ós Doctores García Alén , Guitián Ojea , Baltar Tojo e Varela González , que dirixiron os traballos , e ós grupos universitarios que os secundaron no labor , o esforzo realizado para que os oleiros de Buño entren totalmente nun novo campo de permanencia, como é o do libra , capaz de depararlles novo coõecemento , novas rutas , novos modos e , con toda seguridade , novos usos , se é posible de máis amplo horizonte que o que disfrutaron nos séculos pasados . Porque demostrado está que o libra como tal , polo seu valor de expresividade , pola fedo seu contexto ideal , trascende no tempo e supera en duración á arxila e á pedra , mesmo cando estas , elaboradas e revestidas de contido artístico , acostuman ter espacio propio na realidade . Pero quero tamén que sexan , no posible , a expresión da miõa preocupación , reiteradamente manifestada , sobre a olaría de Buõo, o seu pasado e , no que atino ::i ver , o seu porvir.
Non cabe dúbida que o traballo dos oleiros , tan antigo quizás como o home, nos inícios mesmos do seu desenvolvemento cultural , tivo en Buõo e no seu entorno unha raíz esencial ; cónstanos que durante varias séculos constituíu unha actividade non primordial , pero si importante na comarca, pois sabemos que a practicaban a meirande parte das famílias , e que con ela complementábase -e a miúdo suplementábase- o escaso producto do traballo agrícola sobre terras non sempre feraces e case nunca propias. Isto no que poideramos chamar o primeiro ciclo , porque tras e! vifian os non rexeitables do seu transporte e comercialización, de parroquia
en parroquia , de feira en feira , cando estas eran a manifestación case única de comercio existente no país , e sobre todo , cando os obxetos que Bufio fabricaba nos seus talleres domésticos e familiares eran de uso case exclusivo nos lares da zona, tomando esta non na versión comarca! do Bergantifios de hoxe , senón na máis extensa de toda Fisterra galega.
Pero é claro que a Bufio lle debeu faltar desde un día xa lonxano a adecuación de medios afíns ; faltoulle tecnoloxía acorde coa realidade de cada momento , e faltoulle sen dúbida pulo , xenio que lanzase a súa expansión por media de presupostos distintos , de desefios axeitados a cada hora . Daí o noso temor actual pala súa pervivencia, tan nitidamente exposto neste traballo.
Pero hai varias razóns para a esperanza , e deber do liome de hoxe na súa análise , a súa consideración , e a iso se tende con este libro. En primeiro lugar, porque as arxilas están aí , as mesmas que posibilitaron no pasado a fabricación de obxetos de uso constante polos nosos avós , siquera os medias de depuración e utilización óptima sexan agora superiores; e é evidente que está igualmente aberto , case diría que anhelante , o espirito creador do home que ha de utilizalas ; sen olvida-la resonancia orixinal do home, coa eficacia amable e querida dun eco lonxano. Trátase , pois , de que entre todos -e non ha faltar en ningún caso o alento e o apoio da
Diputación ~rovincial- se pofian a coni'ribución os medios necesarios para que recobren o seu pulso os oleiros de Bufio, familiares , cooperativos ou de empresa comercial , a fin de que esta actividade recupere o alento e poida afrontar , como quería o poeta , outras cincocentas primaveras. O primeiro paso está dado co libro que presentamos. Importa agora afondar nos seus contidos
, completando.na realidade os estudios de prespectivas e posibilidades: depuración e adecuación dos estilos , formación dos artesáns , mobilización de medios económicos, comercialización eficaz dos productos . ..
Non quero nin pensar que a teima sexa superior ás nosas posibilidades, se de verdade nos entregamos á tarefa con auténtica vontade 
Enrique Marfany Oanes
Presidente da Diputación Provincial

¿Alguna duda?

Para más información llama al 650 337 454 o utiliza el siguiente formulario y te responderemos por email.

El titular de la página informa que los datos de este formulario serán tratados para ofrecerle la información solicitada, siendo la base legal del tratamiento el consentimiento otorgado por el usuario. No se cederán datos a terceros. Puede ejercer los derechos como se explica en la Política de Privacidad.

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.